Cultivando micropoderes: o craftivismo

O craftivismo seguramente non será a clase de activismo que valore quen cita a Marx ou Bakunin cunha fe entregada, pero pon en evidencia a maior efectividade que poden chegar a ter as pequenas accións, as accións centradas na vida privada e comunitaria. A efectividade deste tipo de prácticas non depende da atención que lles presten os medios de comunicación nin das concesións que se lles arrinquen aos políticos. E, mesmo así, conseguen iniciar procesos de empoderamento individual e colectivo, conseguen unha forte implicación por parte das participantes e apáñanlle pequenas cotas de poder ao sistema capitalista.   Quizais unha das expresións…

O que é bonito e o que non o é: a arte inesperable

Hai xa moito tempo que no mundo da arte non se outorga o status de obxecto artístico por mor de ser este máis ou menos agradable á vista, senón que o que se valora é a idea que se transmite e o camiño que se escolleu para facelo. A estética de cada época vai moi vencellada á súa ética, que decide o que é “de bo gusto”, o que é “decoroso”, o que é “bonito”… Se temos que nos preguntar que é arte, hai que concluír que arte é aquilo que as persoas que en cada época pertencen ao estrato social axeitado,…

Onde mercar ECO? Guía de tendas ecolóxicas e sostibles

Quen se teña proposto adoptar un modo de vida máis sostible e saudable terá comprobado que se trata dun proceso que se ha facer paseniñamente. E non soamente polo custo elevado que supón adquirir produtos ecolóxicos, senón tamén porque se precisa dun período de concienciación, obtención de información axeitada, muda dos costumes e adaptación. Para contribuír neste proceso, esta guía ofrece ligazóns a tendas online e de proximidade que respostarán a unha das principais preguntas que nos facemos cando iniciamos o camiño: e eu onde merco isto? Cales son as posibilidades que teño dispoñibles? Ademais de coñecer o “onde” é preciso ter acceso a outras…

Inditex explótame. Inditex explótanos a todas

Nos últimos anos están a proliferar as iniciativas que denuncian a explotación practicada pola industria téxtil sen que as evidencias e catástrofes teñan virado significativamente os hábitos de consumo occidentais. Mesmo o afamado programa Salvados emitiu durante a pasada tempada a reportaxe “Fashion Victims”, dedicada aos estragos que a fast fashion causa nas poboacións e no medio ambiente, e que conseguiu provocar un debate efémero nas redes sociais. Propoñamos un exercicio de sororidade baseado na empatía: compartamos aquilo que nos une, as experiencias comúns que nos achegan a esas mulleres que están a fabricar a nosa roupa no outro lado do mundo. A industria téxtil é na actualidade un dos negocios máis contaminantes e con maiores rexistros de emprego infantil e…

O rural galego coma territorio colonizado

A dicotomía cidade/rural pode ser interpretada baixo a perspectiva ecofeminista, que analiza o modelo de pensamento do patriarcado capitalista baseado en parellas de conceptos opostos e xerárquicos, nos que sempre hai unha parte dominante e unha parte dominada. Home / Muller Cultura / Natureza Mente / Corpo Razón / Emoción Autonomía / Dependencia Produción / Reprodución Público / Privado A cidade aparece coma superior ao rural; os valores relacionados co urbano son desexables, son os dominantes, mentres que o rural pertence á parte negada, asociado ao natural e, polo tanto, obxecto de explotación. Valores asociados á cidade e máis ao rural que expresan…

Por que ecolóxico e sostible? Un exercicio de honestidade

Non se trata de finxir que non sabemos que os produtos ecolóxicos adoitan ser máis caros, que son dificilmente accesibles para moitas persoas ou que dispoñen de menor variedade (afortunadamente isto último estase a solucionar). Pero tampouco imos ignorar as causas que nos levan a seguir consumindo produtos que son froito da explotación de persoas e de recursos naturais cunha total falla de ética e de responsabilidade. Para comezar, hai que recoñecer que o mantemento de salarios baixos e procesos produtivos agresivos e contaminantes son os que lles permiten ás grandes empresas manter prezos baixos e obter extraordinarios beneficios. Esa mesma precariedade na que se mantén á…

O Open Source tamén é ecolóxico

A filosofía que subxace ao movemento open source consiste en aprender, compartir, copiar, replicar, transformar, crear e realizar estes procesos conxuntamente coa comunidade para beneficio mutuo. A filosofía open source pode aplicarse a calquera eido do coñecemento humano e, polo tanto, calquera eido do coñecemento humano pode experimentar os seus beneficios, entre os que se atopa -agora veremos como- o beneficio ecolóxico. Se falamos da urxencia de camiñar cara unha economía circular en contraposición á actual economía liñal, hai que preguntarse de que maneira nos poden axudar as novas tecnoloxías nese avance. Sen dúbida, unha das tecnoloxías que parece chamada a ter unha grande relevancia na cuarta…