Como realizar diminucións no labor de calceta

As técnicas para dimunuír puntos, xunto coas técnicas para realizar aumentos, son as que nos permiten darlles forma ás nosas pezas de tecido. Sabendo monta-los puntos e pechalos, facer os puntos do dereito e do revés e máis realizar aumentos e diminucións xa temos os coñecemos precisos para tecer un xersei básico. Diminución simple A diminución simple, que en moitos manuais verás co nome de “surjete”, é o primeiro tipo de diminución que Esperanza Rosas explica no vídeo que tes a continuación (min. 0:34). Pásase o primeiro punto sen tecer, como habitualmente, técese o segundo punto e, a continuación, o punto que se deixara…

Como realizar aumentos no labor de calceta

Aumento simple Para ver a realización desta técnica, debes acudir ao videotitorial de Esperanza Rosas que verás a continuación, a partir do minuto 0:29. Nesta técnica pasamos o primeiro punto sen tecer, como facemos habitualmente, e collemos a freba dereita do V que forma o punto da carreira anterior, xirámola e colocámola na agulla esquerda. Tecemos o novo punto normalmente. Aumento simple invisible No vídeo de enriba, a partir do minuto 2:04. Collemos a freba dereita do V que forma o primeiro punto da carreira anterior, xirámola e colocámola na agulla esquerda. Deste xeito convertirase no noso primeiro punto. Tecemos este primeiro punto. Ao…

Puntos básicos en calceta

En calceta existen dous puntos básicos: o punto do dereito e o punto do revés. Aprendendo cómo se montan os puntos, estes dous puntos básicos e máis cómo pechar o labor, xa posúes os coñecementos precisos para tecer a túa primeira peza. Punto do dereito Existen dúas técnicas de calceta: a inglesa e a continental ou alemana. A continental, ademais de ser a máis rápida, é tamén a máis cómoda se empregas agullas circulares, e por iso será a técnica que veremos neste artigo e nos vindeiros. No punto dereito, sosteremos o fío que vén do novelo por detrás da…

Como montar os puntos nas agullas de calceta

Decidida a aprender calceta? Pois velaquí tes o primeiro que debes aprender: a montaxe dos puntos nas agullas. Existen moitas técnicas para monta-los puntos, pero o máis frecuente será que empregues case sempre a túa favorita e só botes man das demais en intres concretos. No meu caso, e creo que ha de se-lo caso de moitas tecedoras, a técnica que emprego habitualmente é a chamada long tail. Montaxe Long Tail Trátase dun tipo de montaxe dobre que crea un borde uniforme e elástico. No videotitorial de SoyWoolly, que podes ver embaixo, atoparás a explicación desta técnica a partir do minuto 13:19. Esta montaxe require que saquemos…

Materiais para comezar a calcetar

Neste artigo imos ver algúns dos materiais que vas precisar se tomaches a decisión de aprender a calcetar. A escolla de uns ou outros depende moitas veces dos gustos persoais, así que non o dubides: comeza a probalos e escolle aqueles cos que te sintas máis cómoda. Ten en conta que ides pasar moitas horas xuntas! As agullas Tipos e tamaños Os tipos de agullas que poderedes atopar son as seguintes: Agullas rectas: para tecido plano; o tecido pasa dunha agulla a outra e viramos a peza cada vez que rematamos unha carreira. Agullas circulares: para tecido plano ou tubular. Neste segundo caso…

Xersei a croché de Cleckheaton

Este padrón de xersei da marca de la australiana Cleckheaton está deseñado para ser realizado con la merina e agullas de croché de 5 mm (4,5 mm para os bordos elásticos). As combinacións de cores que podemos facer son moi diversas e a la pode ser substituída por calquera la merina cun grosor semellante (8 ply ou DK). No meu caso empreguei a la Merino Extra Fine da marca Drops. O Colour Block Jumper é un xersei cómodo, funcional e abrigoso: un básico para os nosos roupeiros. Trátase dun padrón moi aconsellable se estás procurando tecer o teu primeiro xersei a croché, pois está…