Xersei a croché de Cleckheaton

Este padrón de xersei da marca de la australiana Cleckheaton está deseñado para ser realizado con la merina e agullas de croché de 5 mm (4,5 mm para os bordos elásticos). As combinacións de cores que podemos facer son moi diversas e a la pode ser substituída por calquera la merina cun grosor semellante (8 ply ou DK). No meu caso empreguei a la Merino Extra Fine da marca Drops. O Colour Block Jumper é un xersei cómodo, funcional e abrigoso: un básico para os nosos roupeiros. Trátase dun padrón moi aconsellable se estás procurando tecer o teu primeiro xersei a croché, pois está…